Duende Circo é a creación de Víctor Cantero, un artista adicado a revolucionar e sorprender, en calquera momento e lugar.

 

Habilidades e fracasos para todo- los públicos. Humor, malabarismos, música e maxia son algúns dos ingredientes deste explosivo coctel.

 

Traxectoria

 

De natureza nómada, representou en múltiples escenarios, escolas, salas de festas, festivais, etc.

Naceu en Lugo, na súa infancia tivo unha relación intensa co teatro e ca música folklórica galega, formándose e actuando co colectivo "María Castaña" en varios teatros e na televisión local.

 

Licenciouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de A Coruña.

 

Iniciou a súa andadura polo mundo do circo no ano 2006, aprendendo malabares pola súa conta en Gran Canaria. No 2007, iniciouse no arte do clown en Bilbao con Rakel Imaz.

 

Deiquí en adiante aprende e actúa cun montón de artistas cos que se cruza no camiño. Ademais realiza diferentes obradoiros de malabares con grandes maestros como Totó, Adrián o Ratón, Mikel Ayala, entre outros.

 

Formouse en teatro ca compañía arxentina os Tres Gatos Locos.

 

Estudiou na Escola Clown de Barcelona, tamén chamada Cal Clown; nunha experiencia única de formación e convivencia entre pallasos. Con mestres como Clara Cenoz (clown), Jon Davison (clown, creación e dirección de números, teoría e historia), Danny Schlesinger (clown), Fabrizio Bonora (movemento, acrobacia e voz), Pablo Muñoz (maxia cómica), Sara Pons (danza e movemento), Núria Pereto (clown de hospital).

 

Realiza tamén cursos con Alex Navarro e Caroline Dream, Maite Guevara e Mariano Di Franco (Que Par Che Teatro), Johnny Melville, Christine Rossignol-Dallaire.

 

Traballou en Mexico con varias compañías diferentes. Primeiro con "Mozaico". Despois con "La Vida Santa". Con "Mermejita Circus Project" actúa en numerosos cabarets de circo e o seu último proxecto latinoamericano, foi no sur de México e en Guatemala, de circo e teatro musical ca compañía "La Verdadura"

En España dende 2009, realiza diferentes espectáculos, unipersonais ou acompañado de outros artistas. Actuando en festivais como Pardiñas, Millo Verde, Vibra Balboa (Bierzo), Ponte Louco, Encontro de malabares O Retruke, FIC Gáldar (Gran Canaria), As San Lucas de Mondoñedo, XI Encontro de malabares de Pradoluengo (Burgos), Habitua-te (Portugal), etc.


Ha participado con "Pallasos en Rebeldía" en Las Palmas de Gran Canaria. Tamén con "Mundo Piruleta" en Lugo, Ribadeo e Bemvibre.


Con "Chotokoeu" colaborou en numerosas ocasións entre 2015 e 2016, actuando nos seguintes festivais; Iboga Summer (Valencia), Sonrías Baixas, Reperkusión, A Chaira, Espantada Rock, Mestizao (Granada), Vibra Balboa (León), Millo Verde, Brétemas, Poborina Folk (Teruel), Bual, Submersons (Francia), Hestivoc (Francia), Encontro de Circo Myau (Guadalajara), festas de Olot (Cataluña), festas de Ribeira, etc.


Con "A Patxaranga" no festival Reperkusión 2015 e con "Folkólicos" no Magosto de Balboa, no festival Ventorock e no festival solidario de Arteixo a favor dos refuxiados.


Con Lydia Botana “Bolboreta” e o seu espectáculo infantil en Lugo, A Coruña e Valdoviño.


Cos "Batuki de Montealto" na Feira do Queixo de Arzúa. Ca Asociación Cultural Manicómicos animando "O Asalto ó Castelo" en Vimianzo e a cabalgata de reis de A Coruña.

En 2017 actuou de malabarista e de figurante na película do director Dani de La Torre; "La sombra de la ley" (aún sin estrenarse). Tamén participou co director Iago de Sant no certame de curtametraxes express "Fin de Curta", en Lugo, como protagonista e guionista de "Zombiraxe", gañando o premio do público. Podes ve-la curta no seguinte enlace.